AVISO: A Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes cancela as vistas aos concellos e mantén os seus servizos de asesoramento por medios telemáticos.

luns, 16 Marzo, 2020 - 00:00

A Xunta de Galicia continúa a facilitar aos Concellos galegos os servizos de asoramento mediante a Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes, instrumento co- financiado con FEDER e coordinado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Non obstante, debido ás medidas preventivas polo COVID-19, prescíndense das visitas aos concellos e dos eventos presenciais.

A Xunta, coordinadora do Pacto dos Alcaldes en Galicia, continuará prestando os servizos de apoio e asesoramento aos concellos, e atendendo calquera dúbida ou suxerencia por vía telefónica no 670506359 ou no correo electrónico pactodealcaldes@xunta.gal. Tamén manteremos actualizada a información na páxina web https://pactodosalcaldes.gal/gl.

@GaliciaSostible #Compromiso