Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2020-. Os actos da Cerimonia do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, un evento que organizan anualmente a Comisión Europea e a Oficina Europea do Pacto dos Alcaldes, veñen de ser anulados por decisión do Parlamento Europeo, quen comunicou suspender toda a súa Axenda non lexislativa e todas as visitas por un período de tres semanas.
Así a axenda programada para o día 4 de marzo en Bruxelas queda suspendida e polo tanto a delegación galega na Cerimonia, constituída por representantes da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático e por unha vintena de alcaldes dos municipios galegos, non viaxarán a Bruxelas para asistir a ditos actos.
A Consellería de Medio Ambiente actualizará toda a información que a Oficina de Pacto dos Alcaldes en Europa facilite sobre a decisión de cancelar o evento na súa páxina web www.pactodelosalcaldes.eu Polo momento o comunicado oficial da organización da Cerimonia de Pacto dos Alcaldes é o seguinte: https://www.eumayors.eu/news-and-events/news/1757-important-notice-cancellation-of-the-covenant-of-mayors-ceremony-european-climate-pact-event.html
Para calquera dúbida ou cuestión tamén poden poñerse en contacto coa Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía en Galicia no correo pactodealcaldes@xunta.gal ou nos números 670 50 63 59