Aprobación da adhesión do Concello de Ourense ao Pacto dos Alcaldes

venres, 7 Febreiro, 2020 - 00:00

Hoxe, 7 de febreiro do 2020, o Concello de Ourense aprobou en Pleno a adhesión ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía.

O Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía, é unha iniciativa posta en marcha pola Comisión Europea no ano 2008, que constitúe o maior movemento mundial contra o cambio climático e que reúne na actualidade a mais de 10.000 entidades locais. En Galicia, é a Xunta de Galicia, quen asume o papel de coordinadora da iniciativa, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A adhesión do Concello de Ourense ao Pacto leva aparellado o compromiso de reducir as emisións de CO2 no territorio, como mínimo nun 40 %, de aquí a 2030 e de poñer en marcha medidas de adaptación locais. Desta maneira, o Concello, como todos os adheridos, comprométese a traballar na elaboración do Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES), que sustenta o cumprimento dos compromisos da adhesión. Ourense, ten ata dous anos para elaborar o seu PACES, que está articulado en xeral, sobre un inventario de emisións de referencia (IER), estratexia de mitigación e de adaptación.

Toda a información necesaria para tramitar as adhesións dos concellos ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía pode atoparse na páxina web pactodosalcaldes.gal.gal no 670 506 359 ou pactodealcaldes@xunta.gal

Seguenos en @GaliciaSostible