Amplíase a dotación orzamentaria destinada ás subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2020

martes, 2 Xuño, 2020 - 00:00

A Xunta de Galicia publicou no DOG o día 1 de xuño de 2020 a Orde que regula a ampliación da dotación orzamentaria consignada para a liña en concorrencia competitiva, que se financiará con incorporacións de crédito procedente de exercicios anteriores.

Co fin de poder amparar un maior número de solicitudes presentadas, estímase conveniente ampliar a dotación orzamentaria consignada para a liña en concorrencia competitiva, que se financiará con incorporacións de crédito procedente de exercicios anteriores, suposto previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e no artigo 2.1.b) da Orde do 19 de decembro de 2019. 

Asemade, para optimizar o uso dos fondos dispoñibles considerouse necesario redistribuír a asignación inicial do Fondo de Compensación Ambiental para o exercicio 2020.

Tanto a ampliación do crédito como a redistribución garanten o cumprimento da normativa de aplicación ao canon eólico como ingreso afectado que debe xestionarse a través do Fondo de Compensación Ambiental e a execución do mandato legal de aplicar os ingresos derivados do canon eólico á finalidade determinada na orde anual distribuidora do Fondo.

+INFO e enlace á Orde https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200601/AnuncioG0244-280520-0005_gl.html 

@GaliciaSostible #Compromiso