Unha iniciativa que traballa para buscar as medidas comúns e coordinadas que xeren sinerxias na acción climática en Galicia
O día 13 de marzo alcanzouse a cifra de 50 entidades adheridas en menos dun ano desde o seu lanzamento á Alianza Galega de Clima.
O obxectivo desta alianza está ben definido, trátase de acadar a neutralidade de emisións de CO2 en Galicia. A adhesión a esta Alianza implica asumir as liñas estratéxicas marcadas polo Goberno da Xunta nesta materia e ademais unha serie de obrigas como establecer accións dirixidas á redución ou adaptación do cambio climático, fomenta-lo intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica ou xurídica, promover e apoia-la investigación sobre o clima e tamén acelera-lo desenvolvemento e difusión da tecnoloxía para converte-los sistemas de enerxía en baixas emisións.
Para calquera empresa, adherirse a esta iniciativa, é un gran paso en canto ao compromiso pola loita contra o cambio climático, a mellora do ambiente e o desenvolvemento da economía circular.