A ferramenta Aldeas Vivas busca dinamizar as zonas rurais mediante un banco dixital de vivendas, terras, negocios, e postos de traballo
O proxecto Aldeas Vivas, promovido pola Asociación de Desenvolvemento Rural de Montes e Vales Orientais (GDR3). Esta iniciativa ten como principal obxectivo dinamizar e dar nova vida ás terras abandonadas de alta capacidade produtiva que rodean os núcleos de poboación das comarcas de Meira, A Fonsagrada e Os Ancares, e o Val de Láncara.
As Aldeas Vivas son algo máis que un simple instrumento participativo para a recuperación de terras agrarias. Ao poñer en produción terreos abandonados non só se crea actividade agraria, senón que tamén se reduce o risco de incendios, protexendo así a fermosa paisaxe galega.
As persoas propietarias do terreo comprométense a incorporalo ao Banco de Terras por un período mínimo de 10 anos, demostrando o seu compromiso coa conservación do patrimonio natural. Ademais, este banco dixital recolle oportunidades de traballo, negocios e vivenda. O obxectivo é paliar a situación demográfica, evitando o éxodo rural e atraendo xente á zona.
Ademais, Aldas Vivas forma parte dunha Rede de Aldeas Modelo, creando unha comunidade de aprendizaxe e apoio mutuo. Esta rede permite que as aldeas compartan coñecementos e experiencias, reforzando así a resiliencia de toda a comunidade.
En síntese, o proxecto Aldeas Vivas é un modelo de dinamización do rural, recollendo as oportunidades que existen neste tipo de núcleos rurais.