Actualización da Política Enerxética da Unión Europea

mércores, 14 Outubro, 2020 - 00:00

A Comisión Europea, hoxe 14 de Outubro, adoptou o Informe sobre o Estado da Enerxía do 2020 e a súa documentación centrado en diferentes ámbitos e aspectos da política enerxética da UE. Este informe é o primeiro desde a implantación do Pacto Verde Europeo (Green Deal) e analiza a contribución da Unión da Enerxía á consecución dos obxectivos climáticos da Unión a longo prazo.

O informe fai balance dos progresos alcanzados nos cinco ámbitos de actuación da unión enerxética: a descarbonización, incluíndo as enerxías renovables, a eficiencia enerxética, o mercado interior de enerxía, a seguridade de subministración e a investigación, a innovación e competencia. Ademais, orienta sobre a rápida aplicación dos plans nacionais de enerxía e clima (PNIC) e sobre a maneira na que os investimentos e reformas relacionadas coa enerxía poden impulsar a recuperación económica da Unión Europea.

@GaliciaSostible #Compromiso