Na segunda convocatoria do programa ENERGee Watch, axencias con experiencia no sector da enerxía tutelarán a pares sobre catro temáticas. A inscrición para esta convocatoria está aberta ata o 11 de marzo de 2022.
Este programa de aprendizaxe levará a cabo en inglés de forma gratuíta. Os gastos de viaxe para os beneficiarios reembolsaranse ata os 600 euros para unha persoa por organización participante. O primeiro dos ciclos de aprendizaxe xa finalizou pero o segundo comezará en marzo de 2022 e un terceiro en setembro de 2022.
O programa básico terá unha duración estimada de catro a seis meses. Ademais das actividades principais, organizaranse seminarios web adicionais. As temáticas sobre as que se impartirán as titorías son:
- A recollida de datos enerxéticos (adquisición e tratamento)
- Monitoraxe, reporting, verificación: seguimento da implementación das accións
- Indicadores e estratexias para a adaptación ao cambio climático
- Visualización, difusión e validación dos datos por parte dos usuarios finais
Cidades, rexións, axencias de enerxía e organizacións que presten apoio a autoridades locais poden obter máis información sobre o programa neste enlace.
O formulario de inscrición está dispoñible aquí.