A convocatoria para aquelas persoas interesadas en organizar unha sesión na Conferencia Anual do Centro de Asesoramento en Pobreza Enerxética (EPAH) estará aberta ata o 3 de xullo
Organizada polo Centro de Asesoramento sobre Pobrez Enerxética (EPAH) e a Dirección Xeral de Enerxía da Comisión Europea, co apoio do Comité das Rexións e a Rede Polaca Energie-Cités (PNEC), a conferencia anual internacional do Centro de Asesoramento sobre Pobreza Enerxética celebrarase os días 19 e 20 de setembro en Varsovia, Polonia.
Esta reunión anual promete ser unha reunión crucial de gobernos locais, formuladores de políticas, expertos e partes interesadas dedicadas a abordar a pobreza enerxética e fomentar solucións sostibles a nive local.
Este ano, a EPAH decidiu reforzar a súa rede de colaboración pedindo a todas as entidades interesadas que soliciten unha sesión baixo o paraugas da conferencia anual do EPAH. O obxectivo é reunir a organizacións, institucións, proxectos, iniciativas e todas as partes interesadasde ideas afíns para compartir as súas experiencias e, finalmente, apoiar aos gobernos locais nos seus esforzos por abordar a pobreza enerxética. As sesións terán formato de talleres interactivos e o tempo asignado para cada unha delas será de 1 hora e 30 minutos. Estas sesións centraranse en mostar experiencias, boas prácticas e consellos para os gobernos locais e/ou debater sobre políticas e medidas a nivel nacional, rexional ou local.
Quen pode solicitalo?
- Iniciativas e consorcios de socios de proxectos e iniciativas locais ou da UE
- Gobernos locais e rexionais
- Organizacións da sociedade civil (ONG)
- Institucións académicas e de investigación
- Axencias de enerxía
- Institucións e Comités da UE
- Organizacións privadas