Este eixe do programa diríxese a reforzar a capacidade das organizacións non gubernamentais que actúan a nivel dos Estados membros para mobilizar e fortalecer a participación da sociedade civil e a súa contribución ao desenvolvemento do Pacto Verde Europeo.
O programa Life é o programa europeo para o medio ambiente e a acción polo clima.
As áreas temáticas que son obxecto desta convocatoria son nove:
- Ampliar a ambición climática
- Enerxía limpa, barata e segura
- Industria que procure unha economía circular e limpa
- Edificios eficientes no uso da enerxía e outros recursos
- Mobilidade intelixente e sostible
- Sistemas alimentarios xustos, saudables e respectuosos co medio
- Ambiente sen substancias tóxicas,
- Finanzas sostibles.
A cargo dos fondos, que acadan nesta convocatoria un montante de 12 millóns de euros, poderanse financiar un máximo do 60% dos custos do proxecto. O outro 40% deberá ser achegado polos beneficiarios ou por outros socios da iniciativa.
O vindeiro 12 de xaneiro, a partir das 10.00 h, terá lugar unha sesión informativa para coñecer os pormenores de esta convocatoria. A inscrición pódese realizar en https://t.co/BQg2aXjDp3?amp=1
As propostas poden ser presentadas ata o 31 marzo do 2021.
+INFO: https://ec.europa.eu/easme/en/section/life/life-2020-call-proposals-ngos-european-green-deal-ngo4gd