Presentada polo Ministerio para as transicións ecolóxicas e o reto demográfico.
Este 20 de outubro, abriuse unha convocatoria para a realización de proxectos que contribúan á renaturalización urbana, de forma que se incremente tanto a biodiversidade e a súa conservación nas contornas urbanas, como a resiliencia das cidades #ante o cambio climático, a súa habitabilidade e a calidade de vida dos seus habitantes.
Tras a crise sanitaria provocada pola COVID-19 puxo de manifesto a necesidade de impulsar unha transición verde que teña en conta os límites ambientais do planeta e deter así os procesos de deterioración ecolóxica. Faise imprescindible e urxente poñer en marcha un plan de investimentos e reformas, cun triplo obxectivo: apoiar a curto prazo a recuperación tras a crise sanitaria, impulsar a medio prazo un proceso de transformación estrutural, e lograr, a longo prazo, un desenvolvemento máis sostible e resiliente desde o punto de vista económico-financeiro, social, territorial e ambiental
As contornas urbanas concentran a maior parte da poboación no noso país. É necesario manter e mellorar os servizos ecosistémicos nas cidades para conseguir contornas saudables cunha mellor capacidade de resposta fronte a grandes desafíos, incluídos os impactos derivados do cambio climático.
As solucións baseadas na natureza son custo-efectivas e eficaces fronte a estes retos. As infraestruturas verdes en contornas urbanas, como parques e xardíns ricos en biodiversidade, tramos fluviais, hortos urbanos, xardíns verticais e cubertas verdes, rúas arborizadas, praderías e sebes, favorecen a biodiversidade e proporcionan numerosos servizos ecosistémicos, relacionados coa calidade de vida, a saúde e o benestar dos seus habitantes, incluíndo a regulación térmica e a diminución do efecto de illa de calor, a purificación do aire, ou a diminución do impacto acústico. Ao mesmo tempo, proporcionan espazos para o lecer e a recreación e contribúen á permeabilización para facer fronte a choivas torrenciais e inundacións e a diminuír a desconexión cos ecosistemas naturais periurbanos.
Para máis información aquí.