Aberta a convocatoria da V Edición dos Premios Medio Ambiente APROEMA 2020

martes, 23 Xuño, 2020 - 00:00

A Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías informa da apertura da convocatoria de a V Edición dos Premios "Medio Ambiente APROEMA 2020".

APROEMA, Asociación profesional de Empresas Ambientais, convoca a súa quinta edición dos Premios «Medio Ambiente APROEMA». O obxectivo é destacar as accións individuais e/ou colectivas, tanto públicas como privadas, en favor do medio ambiente, coa intención de impulsar a conciencia ambiental e fomentar as actividades na mellora do medio ambiente, mediante o recoñecemento público a un labor meritorio realizado nesta materia na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán optar aos Premios «Medio Ambiente  Aproema»

  • Entidades Públicas (Concellos, Deputacións, Mancomunidades),
  • Entidades Privadas (Asociacións: empresariais, Consumidores, Veciños, Mocidade, Benestar Social, Culturais, Educativas, Deportes, Mujeres, etc..),
  • Empresas ( Prestatarias de Servizos, Enxeñerías, Consultorías Ambientais, Xestores de Residuos, Fabricantes de Bens de Equipo e Instalacións, etc..) e
  • Centros Académicos (Universitarios, Secundaria, Graos Medios e Superiores de FP e Educación Primaria)

Cuxa actividade en favor do medio ambiente se desenvolva total ou parcialmente na Comunidade Autónoma de Galicia e que destacasen pola súa traxectoria ou por un proxecto ou actividade concreta de suficiente entidade en defensa dos valores ambientais e naturais na contorna física, cultural e socio-económico de Galicia, ou que manteñan especiais vínculos coa nosa Comunidade Autónoma.

Os traballos, estudos, ou proxectos desenvolvidos deberán estar vinculados directa ou indirectamente, con:

  • A conservación e mellora do medio ambiente en Galicia
  • Xestión de residuos
  • Valorización de residuos: procesos de reciclaxe e valorización innovadores, utilización de produtos fabricados con materiais reciclados ou aplicacións eficaces na prevención de residuos.
  • Campañas de Concienciación Ambiental
  • Ou outras que se consideren de interese

Para valorar as candidaturas tomásese en conta o seguinte:

  • Impacto da iniciativa, tanto no medio ambiente como na sociedade galega
  • Liderazgo, innovación e  transferibilidad da iniciativa
  • Continuidade e autonomía da iniciativa

Os traballos presentados deberán ser desenvoltos fundamentalmente entre os anos 2018-2020, aínda cando continúen na actualidade.

Cada empresa, entidade e/ou Centros Academicos podn presentar un máximo de 1 candidatura.

O prazo de presentación de candidaturas finaliza o día 30 de setembro de 2020.

A entrega dos galardóns terá lugar o 26 de novembro, se a situación sanitaria o permite será un acto público presencial, en caso contrario sería virtual.

O formulario cumprimentarase en formato dixital a través da web de Aproema. Todos os anexos que considere necesario para a valoración da candidatura recibiranse a través do correo electrónico a premiosmedioambiente@aproema.com. Aproema en prol da redución do consumo de papel, non recibirá ningunha documentación en papel unicamente en formato electrónico.

+INFO en https://aproema.com/pma2020/

@GaliciaSostible #Compromiso