O proxecto PROSPECT+ está lanzando un novo Programa de Creación de Capacidades (CBP) para as autoridades locais e rexionais
Esta vez, o programa centrarase no financiamento innovador de accións enerxéticas e climáticas e outros aspectos cruciais dos procesos de desenvolvemento de capacidades, toma de decisións e replicación. Articularase no seguintes cinco áreas temáticas: edificios públicos, edificios privados, transporte, iluminación pública e transversal sectorial.
PROSPECT+ é un proxecto Horizonte 2020 de desenvolvemento de capacidades para cidades e rexións que ten como obxectivo continuar apoiando ás cidades e rexións da UE no seu camiño cara á adopción de prácticas e políticas de eficiencia enerxética.
Con este proxecto espérase que máis de 200 cidades da Unión Europea en polo menos 20 Estados Membros melloren as súas capacidades con respecto á implementación de proxectos de Plans de Acción polo Clima e a Enerxía Sostibles e plans sostibles similares.
A data límite para presentar as solicitudes é o venres 14 de abril de 2023. Pode acceder a enquisa de rexistro pinchando aquí.