168 propostas recibidas na primeira convocatoria de transición á enerxía limpa de LIFE

martes, 18 Xaneiro, 2022 - 00:00

Por primeira vez, convidouse aos  proponentes a presentar as súas ideas para acelerar a incorporación ao mercado de solucións de eficiencia enerxética e enerxía renovable no marco do  subprograma de Transición á Enerxía Limpa, que se incorporou ao programa  LIFE en 2021. A primeira convocatoria pechouse o 12 de xaneiro de 2022. En total, abríronse 18 temas cun orzamento total de 94,5 millóns de euros nos ámbitos das autoridades locais, a dixitalización, o financiamento innovador, os servizos de renovación do fogar e o empoderamento dos cidadáns.

As propostas avaliaranse na primavera e os proxectos seleccionados gozarán dunha taxa de cofinanciamento do 95%. Espérase que o primeiro lote de proxectos de transición enerxética limpa de  LIFE entre en funcionamento no outono de 2022.

As temáticas que máis propostas recibiron foron, para:

-              Desenvolvemento de mecanismos de apoio ás comunidades enerxéticas e outras iniciativas cidadás no ámbito da enerxía sostible (30 propostas en total).

-              Aplicación de servizos integrados de renovación do fogar (21 propostas)

-              Apoio técnico aos plans e estratexias de transición á enerxía limpa en municipios e rexións (17 propostas).

-              BUILD  UP  Skills - reiniciando as Plataformas Nacionais e as Follas de Roteiro (17 propostas).