O Fondo de Innovación ofrece 100 millóns de euros para proxectos innovadores de tecnoloxía limpa a pequena escala
Preséntase a terceira convocatoria de proxectos a pequena escala lanzada pola Comisión Europea dentro do marco do Fondo de Innovación, que está catalogado como un dos programas de financiamento máis grandes do mundo.
O obxectivo final desta convocatoria é impulsar o despregamento de solucións industriais para descarbonizar o continente europeo.
Os 100 millóns de euros que se poñen á disposición son para proxectos que estean contorno a 2,5 e 7,5 millóns de euros na área de enerxía renovable, descarbonización de industrias intensivas en enerxía, almacenamento e captura de enerxía, uso e almacenamento de carbono. As tecnoloxías que se deben de empregar terán que ter un gran potencial, xa que necesitan diferenciarse de maneira significativa das tecnoloxías convencionais.
O financiamento pode chegar a cubrir o 60% do proxecto, centrando esta axuda a superar os riscos relacionados coa comercialización e a entrada no mercado. Para verificar a validez do proxecto analizaranse principalmente o seu potencial para evitar emisións de gases de efecto invernadoiro, innovación, madurez técnica, operativa e financeira, ao igual que a súa rendibilidade. A convocatoria ten de límite o 19 de setembro de 2023 para calquera Estado membro da UE, Islandia ou Noruega.