A Xunta de Galicia informa sobre a iniciativa “Pionners into practice”, aberta ata o 16 de xuño, dirixida a organizacións que desexen acoller fisicamente ou en remoto a un/unha profesional internacional do cambio climático que colaborará na oferta de proxecto que cada entidade publique na plataforma, sen custo algún para a organización.
Que é PIONEERS?
PIONEERS é un programa de mobilidade, dentro da iniciativa europea EIT Climate-KIC, entidade europea de innovación climática da que a Xunta de Galicia forma parte.
Trátase dun programa de mobilidade co obxectivo de crear unha comunidade de expertos dotándoos de ferramentas para desenvolver as súas capacidades e talentos e así explorar, innovar e poñer en práctica os últimos avances que axuden a mitigar o impacto ambiental. A convocatoria chama a estes profesionais “pioneiros”.
Para que este programa de mobilidade funcione é preciso a participación de organizacións que acollan aos profesionais. É por iso que Climate-Kic invita a entidades públicas e privadas, que estean a desenvolver proxectos na loita contra o Cambio Climático, a que se unan á convocatoria PIONEERS e acollan pioneiros que podan colaborar nos seus proxectos.
Que requisitos necesitan as organizacións para ser anfitrións?
- Mostrar experiencia ou interese relevante no cambio climático e/ou a economía de baixo carbono.
- Que poida proporcionar un espazo de traballo e a supervisión pertinente para traballar co persoal pioneiro na definición dunha tarefa de traballo relacionada coa sustentabilidade (tamén pode ser traballo en remoto).
- Con capacidade para acoller Pioneers entre setembro e mediados de novembro de 2020.
- Con interese en expandir a súa rede e xerar novos coñecementos a través da acollida de persoal profesional e interesados en aprender sobre a innovación sistémica.
- Ser unha organización con mentalidade aberta disposta a aprender, compartir e gozar de todas as etapas do programa Pioneers into Practice cun enfoque no que todos saian gañando.
Sobre os pioneiros
Son profesionais procedentes do mundo empresarial, académico, da investigación e da administración que estean a desenvolver a súa carreira no campo das tecnoloxías limpas, eficiencia enerxética, transporte e edificación sustentable, xestión da auga e territorio, residuos, redes intelixentes, consumo verde ou a optimización de procesos industriais para reducir as emisións de CO2.
Sobre a convocatoria
- Duración de 4 a 6 semanas.
- A convocatoria xeralmente é presencial, pero debido á crise actual, tamén poderá levarse acabo de xeito remoto.
- As organizacións acolledoras non teñen que asumir ningún tipo de custe.
- Prazo: 16 de xuño
Para ampliar información durante o proceso de inscrición, habilítanse os seguintes contactos:
Marina Gil: marina.gil@climate-kic.org
Israel Griol Barres: igriol@ideas.upv.es
Benjamin Salvador Montoliu: benjamont@gmail.com
+INFO en https://pioneers.climate-kic.org/
@GaliciaSostible #Compromiso