A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático participou na presentación das cifras de reciclaxe en Galicia relativas ao ano 2019, onde a media por habitante se sitúa en 19,3kg polo que supera a media estatal de kg/hab de reciclaxe de vidro.
Cruz Ferreira salienta que reciclar vidro, ademais de evitar emisións de CO2 e a extracción de materias primas da natureza, permite aforrar a enerxía equivalente que consumen todos os hospitais de Galicia durante máis de dous meses
A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, e o xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio, Germán Fernández, presentaron onte os resultados de reciclaxe de vidro, que no caso de Galicia seguen a ser destacados, pois grazas ao esforzo de depositar unha media de 66 envases por persoa, a media galega sitúase no 19,3 kg/hab, superando a media do conxunto do Estado.
Cruz Ferreira Costa salientou que a reciclaxe de vidro é unha mostra da implicación e toma de concienciación dos galegos coa economía circular, pois comparando as cifras actuais coas de fai catro anos, en Galicia se recicla un 33% máis que hai cinco anos (39.119 Tn en 2014) e 7,6% respecto das cifras de 2018 (48.308 Tn).
En canto á recollida por provincias, A Coruña foi na que máis se reciclou, cunha media de 19,1 kg/hab e un incremento de case 1.300 Tn respecto de 2018; seguida de Pontevedra (17,7 kg/hab ). As provincias de Ourense e Lugo acadaron unha taxa de reciclaxe de 16,8 kg/hab e 16,2 kg/hab, respectivamente. En termos porcentuais, destaca a subida en 7 puntos da provincia de Ourense, que pasou de reciclar 4.819 Tn en 2018 ás 5.154 no pasado ano.
A directora xeral tamén destacou o envío a Ecovidrio de case 20.000 Tn (18.999) de residuos de envases de vidro que chegaron ao Complexo Medio Ambiente de Sogama en Cerceda na bolsa negra e que Sogama recuperou para a súa xestión por parte de Ecovidrio.
Ferreira Costa salientou que detrás deste récord de reciclaxe hai dous aspectos importantes, como son a contenerización, un aspecto fundamental para facilitar a reciclaxe de vidro aos cidadáns que hoxe contan con 16.515 puntos repartidos ao longo da xeografía galega para o depósito deste material, un 3,4% máis que respecto do anterior; e as campañas informativas e divulgativas, como Recicla Vidro por elas, accións puntuais en eventos lúdicos e gastronómicos, como o San Juan da Coruña, Feira do Marisco no Grove ou o San Froilán de Lugo.
A representante da Consellería de Medio Ambiente recalcou a necesidade camiñar cara o modelo de economía circular e facer fronte á emerxencia climática, polo que a reciclaxe, concretamente a de vidro, é un elemento fundamental para evitar emisións de gases de efecto invernadoiro e a sobreexplotación dos recursos. Indicou que grazas ao esforzo realizado en 2019 evitouse a emisión de máis de 40.0000 toneladas de CO2, é dicir, o equivalente a retirar máis de 19.200 coches de la circulación durante un año; ou a extracción de máis de 85.000 toneladas de materias primas da natureza, o equivalente a 8 veces o peso da Torre Eiffel; así como aforrar máis de 50.000 Mwh de enerxía equivalente ao consumo realizado por todos os hospitais de Galicia durante máis de dous meses.
Pacto dos Alcaldes
O Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, coordinado en Galicia pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, incide na redución de emsións de GEI vinculadas ao ciclo dos residuos, polo que se está avanzando cara a consecución dos compromisos adquiridos. Resulta preciso sinalar que a Comunidade do Pacto dos Alcaldes en Galicia acada a día de hoxe a cifra de 188 Concellos adheridos.
@GaliciaSostible #Compromiso