A Xunta de Galicia colabora coa Feira Enerxética de Galicia - ENERXÉTICA, que nesta terceira edición celebrarase entre o 26-28 de marzo nas instalacións da Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda.
Dende a Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes, instrumento co financiado con fondos FEDER e coordinado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, recomendamos aos Concellos galegos a asistencia a ENERXÉTICA. Entre o programa de actividades as persoas asistentes poderán participar de xornadas técnicas, talleres ou seminarios.
As xornadas técnicas seguirán sendo protagonistas, con temas de máximo interese marcados pola transformación do sector e debullados por recoñecidos expertos. Entre as temáticas a tratar están algunhas directamente relacionadas co Cambio Climático, como:
- Transición enerxética
- Mobilidade sostible
- Aforro e eficiencia
- Bioconstrucción
- Economía circular
Máis información sobre a Feira Enerxética de Galicia
@GalciaSostible