A promoción das comunidades enerxéticas pode contribuír a promover a adopción socialmente inclusiva das enerxías renovables baseándose en identidades compartidas establecidas e contribuír a un suministro de enerxía seguro e asequible
En toda Europa moitas cidades e rexións seguen dependendo das industrias pesadas, a extracción de combustibles fósiles, para asegurar o seu crecemento económico local e xerar electricidade. Estas industrias foron, e continúan sendo, unha fonte de ingresos e identidade para a poboación local.
A día de hoxe, tanto a política da UE, como os cidadáns e os actores sociais buscan unha política nacional forte, compormisos para descarbonizar en gran medida as industrias pesadas e para "alimentar máis aló do carbón". As comunidades enerxéticas a miúdo preséntanse como unha parte importante das estrtaegias de supervivencia para esas rexións.
As entidades locais e rexionais desempeñan un papel crave á hora de facilitar estes modelos en toda europa. Ao mesmo tempo, as diferentes interpretacións do concepto, fan esencial a introdución das comunidades de enerxía dunha maneira que evite aumentar as disparidades cada vez maiores de riqueza, acceso, privilexio e comodidade. Noutras palabras, tamén as comunidades enerxéticas deben ser xustas.
No seminario web considerarase como as comunidades de enerxía poden promoverse mellor en rexións de transición xusta xunto a proxectos de enerxía renovable impulsados polo mercado. Dada a escala e a rapidez con que os territorios do FTJ necesitan facer a transición e descarbonizarse: como se pode garantir que as comunidades enerxéticas poidan contribuír efectivamente ás transicións locais, mesmo cando os contextos sociopolíticos poderían ser menos propicios para tales solucións?
O evento terá lugar o día 5 de xullo ás 10:00h. Para asistir é preciso rexistrarse no seguinte enlace.