Programa de Cidades Piloto NetZeroCities

xoves, 2 Marzo, 2023 - 00:00

53 cidades piloto probarán e implementarán enfoques innovadores para a descarbonización rápida durante un progrma de dous anos

Esta primeira selección de 53 cidades de vinte e un países asociados da Unión Europea e Horizonte 2020 foi seleccionada para emprender unha acción climática sen precedentes, a través do Programa de Cidades Piloto NetZeroCities. Traballando individualmente ou en grupos de cidades, implementarán accións innovadoras sistémicas e deseñadas localmente abarcando múltiples áreas, desde edificios ata residuos, e pancas de cambio, incluída a gobernanza, as finanzas e a política. As 53 cidades forman parte de 25 dun total de 103 solicitudes que involucran a 159 cidades en total de 33 países da Unión Europea e países asosciados a Horizonte 2020.

As cidades piloto experimentarán novas formas de descarbonizar rapidamente no transcurso dun programa de dous anos. Durante este período, as cidades reflexionarán e aprenderán sobre a marcha, brindando oportunidades para que outras cidades sigan os seus pasos, replicando e / ou escalando enfoques e solucións relevantes para o seu contexto.  

As actividades que se vaian a desenvolver contarán co apoio de 32 millóns de euros en subvencións do proxecto NetZeroCities, que xestiona a Plataforma da Misión. Estas subvencións están financiadas pr Horizonte 2020, o programa marco de investigación e innovación da UE. As subvencións complementarán o apoio xa proporcionado polos Asesores da Cidade e os socios de consorcio de NetZeroCities.

Aquelas cidades que non foron seleccionadas como Cidades Piloto nesta etapa, terán moitas outras formas de participar na Misión de Cidades, por exemplo, a través dun programa de irmandamento e traballo en equipo que se iniciará en breve.