Esta transición por parte do goberno esloveno débese á súa intención por loitar activamente contra o cambio climático na súa rexión e servir como exemplo aos demais países da contorna económica.
As iniciativas atópanse dentro do programa EIT Climate-KIC. Este programa foi posto en marcha en novembro de 2021 co obxectivo da activación dunha carteira coordinada de accións de innovación en sectores económicos clave e cadeas de valor seleccionadas. A duración do proxecto é de tres anos e medio e divídese en dúas fases, a segunda, na que nos atopamos nestes momentos, esténdese ata xuño de 2025.
A primeira fase baseouse na identificación das necesidades dos axentes locais. A segunda parte cónstase dunha serie de actividades como sesións de capacitación e desenvolvemento de capacidades sobre economía circular para responsables políticos e talleres de desenvolvemento de capacidades sobre temas de innovación de sistemas e circularidade.
As intervencións que pretende realizar o goberno eslavo, xunto co EIT Climate-KIC, céntranse nos seguintes puntos:
- Mellorar o desenvolvemento de capacidades en innovación de sistemas e pensamento de circularidade.
- Desenvolver un Laboratorio de Políticas para permitir a experimentación de políticas.
- Apoiar ás institucións académicas e de investigación na transición cara a unha economía circular.
- Desenvolver unha estratexia de financiamento e un plan de investimento.