Coalición da Educación para o Clima: Unha comunidade que apoia a implantación dos cambios necesarios para alcanzar unha sociedade climáticamente neutral.

mércores, 12 Xaneiro, 2022 - 00:00

A Coalición da Educación para o Clima é a comunidade educativa europea que apoia a implantación dos cambios necesarios para alcanzar unha sociedade climáticamente neutral.

Como iniciativa bandeira da área de Educación Europea para 2025 e parte esencial do Pacto Verde Europeo, a Coalición da Educación para o Clima forma parte da aproximación da Unión Europea ao ámbito da educación ambiental sostible.

Esta coalición busca inspirar, desenvolver e deseñar capacidades innovadoras na educación europea. Como comunidade, toma decisións de forma conxunta, actúa colaborativamente e adáptase de forma sostible.

As prioridades da devandita coalición son:

  • Formar aos profesionais da educación
  • Conectar a educación coa ciencia
  • Facilitar o desenvolvemento de competencias e habilidades verdes
  • Concienciar á poboación
  • Traballar no cambio de condutas

A Coalición da Educación para o Clima reúne a toda a comunidade educativa europea, incluíndo:

  • Profesores, educadores, alumnos, estudantes, adestradores e pais en todos os niveis e institucións
  • Persoas que participan en todos os niveis do sistema educativo: institucións educativas de todas as idades, museos, industria, etc.
  • Outros corpos educativos a niveis locais, rexionais, nacionais e europeos

Máis información: https://www.eumayors.eu/news-and-events/news/1915-education-for-climate....