O proxecto SHARED GREEN DEAL céntrase en estimular accións compartidas sobre iniciativas Green Deal en toda Europa, proporcionando ferramentas de Ciencias Sociais e Humanidades para contribuír na implementación de 8 áreas das políticas de Green Deal da UE, a nivel tanto local como rexional. O proxecto utilizará experimentos sociais para apoiar os obxectivos do Pacto Verde Europeo, involucrando ás comunidades locais de toda Europa.
O orzamento destinado ao proxecto é de cinco millóns de euros, proveniente do Programa de Innovación da Unión Europea Horizonte 2020.
O SHARED GREEN DEAL consta de 24 "experimentos sociais", que terán lugar en veciñanzas de toda Europa, que explorarán como as organizacións e os individuos poden traballar xuntos para facer que a nosa vida diaria sexa máis sostible. O proxecto SHARED GREEN DEAL cobre diversas áreas, entre as que destacan a da mobilidade, a eficiencia enerxética, as enerxías renovables, a biodiversidade, os alimentos e a economía circular, así como a acción climática e a contaminación.
Lanzado en febreiro de 2022 e con perspectivas de finalizarse no 2027, o proxecto traballará directamente con fogares que se poidan atopar en situación de pobreza enerxética, así como con escolas, asociacións de vivenda e empresas. As actividades para desenvolver son talleres de intercambio de habilidades, outras ferramentas de redes locais e vídeos de capacitación accesibles enfocados en compartir técnicas de aforro de enerxía.