A Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía difunde entre os concellos adheridos ao Pacto a enquisa para a definición da Estratexia de Desenvolvemento Sostible 2030 que está a elaborar a Secretaría de Estado para a Axenda 2030.
O Goberno de España está a traballar na definición da Estratexia de Desenvolvemento Sostible 2030. Para o proceso de definición da mesma considera fundamental contar coas achegas e visións das Entidades Locais, como actores chave na implementación da Axenda 2030.
Neste sentido, desde a Secretaría de Estado para a Axenda 2030 trasladouse á Federación Española de Municipios e Provincias o interese para articular a participación das Entidades Locais. Para iso, un dos primeiros pasos para organizar esta participación será mediante o enchemento da seguinte enquisa: https://forms.gle/5Qbu6Pwi6rN2AynK6, establecéndose como data límite o próximo 19 de febreiro ás 15.00 horas.
Ante calquera cuestión, pódese contactar coa Subdirección de Axenda 2030 e Xestión de Proxectos Europeos no 913643700 ou no correo electrónico redagenda2030@femp.es
+INFO en http://femp.femp.es/files/3580-2587-fichero/Informaci%C3%B3n%20EDS2030.pdf ou en https://www.agenda2030.gob.es/
@GaliciaSostible