Un informe publicado o pasado 2 de decembro pola UICN afirma que o cambio climático xa é, por riba das especies invasoras, a principal causa que pon en cuestión os valores destes espazos.
A UICN, Unión Internacional para a Conservación da Natureza, é o asesor oficial sobre natureza do comité do Patrimonio Mundial da UNESCO.
O informe, de periodicidade trianual, basease no seguimento do estado dos valores que motivaron no seu momento a declaración como Patrimonio Mundial destes espazos. Na súa edición de 2020 revela o grave dano que os procesos derivados do cambio climático están causando a 83 dos 252 sitios naturais declarados Patrimonio Mundial.
A disminución dos glaciares, o blanqueamento dos corais ou os incendios e sequías máis frecuentes e severos apremian á comunidade internacional a actuar urxentemente para protexer estes espazos, os máis valiosos do planeta.
+INFO en https://www.iucn.org/news/secretariat/202012/climate-change-now-top-thre...
@GaliciaSostible #Compromiso