Convocatoria extraordinaria en España de Accelerator 2020

xoves, 2 Xullo, 2020 - 00:00

EIT Climate-KIC  Accelerator, a maior aceleradora de empresas de tecnoloxías limpas de Europa, abre unha convocatoria extraordinaria en España (a segunda en 2020) co obxectivo de buscar e apoiar a aquelas start-ups que propoñan un produto ou servizo de innovación climática que xere un alto impacto na loita contra o quecemento global.

Para iso, o programa de aceleración ofrece apoio económico, formación,  mentorización e acceso a unha rede global de investidores, aos proxectos máis innovadores relacionados co cambio climático e a economía circular.

O programa de acelación de EIT Climate-KIC xa lanzou unha convocatoria en 2020. A través desta segunda convocatoria seleccionaranse start-ups para as fases 2 e 3 do programa.

O programa completo ofrece financiamento de ata 75.000€ a fondo perdido e sen toma de participación no capital da start-up ou da súa propiedade intelectual. A escala europea, os programas de emprendemento e aceleración de EIT Climate-KIC atraeron ás start-ups máis de 1.000 millóns de euros de investimento.

O prazo da convocatoria estará aberto ata o próximo 26 de xullo de 2020 (ás 23:59 horas CET). Para postular o seu proxecto, os emprendedores deberán presentar a súa candidatura a través do seguinte formulario de inscrición. As condicións e directrices desta convocatoria pódense consultar nesta Guía do Programa.

Máis información en https://spain.climate-kic.org/news/convocatoria-extraordinaria-en-espana-de-accelerator-2020/

@GaliciaSostible #Compromiso