O Parlamento Europeo aproba os criterios para inversións sostibles

xoves, 18 Xuño, 2020 - 00:00

A Xunta de Galicia informa que o Parlamento Europeo aprobou as novas normas para determinar se unha actividade económica é medioambientalmente sostible.

A proposta lexislativa sobre investimentos sostibles establece seis obxectivos ambientais e permite que unha actividade económica sexa considerada sostible se contribúe polo menos a un deles sen prexudicar de maneira significativa a ningún dos outros.

Os obxectivos son:

  • a mitigación do cambio climático;
  • a adaptación ao cambio climático
  • o uso sostible e a protección dos recursos hídricos e mariños;
  • a transición cara a unha economía circular;
  • a prevención e control da contaminación, e
  • a protección e restauración da biodiversidade e os ecosistemas.

Impulso do investimento verde

O establecemento de criterios claros sobre investimentos verdes é fundamental para atraer máis diñeiro público e privado para que a UE poida avanzar cara ao obxectivo da neutralidade nas súas emisións en 2050, tal e como expón o Pacto Verde, pero tamén para evitar o “ ecoblanqueo” (cando se clasifica como ecolóxico ou sostible algo que non o é).

A Comisión calcula que Europa necesita ao redor de 260.000 millóns de euros anuais en investimento adicional para alcanzar os seus obxectivos climáticos e enerxéticos de 2030. Nunha resolución aprobada o 15 de maio pasado, os eurodeputados pediron que os investimentos dentro do plan de recuperación tras a pandemia da COVID-19 dean prioridade ao capítulo verde.

Actividades de transición e habilitación

As actividades que son incompatibles coa neutralidade climática pero que resultan necesarias na transición cara a unha economía de “emisións cero” serán clasificadas como “actividades de transición ou habilitadoras”. As súas emisións de gases de efecto invernadoiro terán que estar ao nivel dos mellores resultados no seu sector.

Os combustibles fósiles sólidos, como o carbón ou o lignito, están excluídos, pero o gas e a enerxía nuclear poderían ser etiquetadas como unha actividade habilitadora ou de transición en liña co principio de "non facer un dano significativo".

Próximos pasos

A normativa entrará en vigor despois da súa publicación no Diario Oficial. A Comisión actualizará periodicamente os criterios técnicos de selección para as “actividades de transición e habilitación”. Antes do 31 de decembro de 2021 deberá revisalos e definir criterios para identificar as actividades que teñan un impacto negativo significativo.

+INFO en https://www.europarl.europa.eu/news/es/press-room/20200615IPR81229/economia-verde-el-pe-aprueba-los-criterios-para-inversiones-sostenibles

@GaliciaSostible #Compromiso