A Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías informa que CONAMA continúa preparando o Crongreso Nacional de Medio Ambiente 2020, que se celebrará do 23 ao 26 de novembro.
Que é CONAMA?
A Fundación Conama é unha organización española, independente e sen ánimo de lucro que promove o intercambio de coñecemento para o desenvolvemento sostible. Foi creada polo Colexio Oficial de Físicos, baixo o protectorado do Ministerio de Medio Ambiente, para encargarse da organización do Congreso Nacional do Medio Ambiente, encontro bienal que se celebra desde 1992, de cuxas siglas toma o nome de Conama.
CONAMA é un nodo de conexión para o sector ambiental en España e Iberoamérica, un punto de encontro neutral, independente e transversal para a xeración de coñecemento e de solucións para a sustentabilidade. Para iso, ocúpanse de xerar espazos de diálogo social activo entre os múltiples actores que traballan pola sustentabilidade para reforzar a súa acción, construír conexións, anticipar temas, influír na axenda política e fortalecer a transición cara a un modelo de sociedade máis sostible.
En liña co ODS-17, Conama actúa como un hub de sustentabilidade en España, coa misión de contribuír a crear alianzas sólidas entre os gobernos, o sector privado e a sociedade civil para conseguir un desenvolvemento sostible.
Preparación do Crongreso Nacional de Medio Ambiente 2020
Unha vez seleccionados os 55 temas que se abordarán neste congreso, agora chega o momento de traballalos a través de comités técnicos nos que participan multitude de especialistas. Aquí pódense consultar todos.
A situación pola crise do coronavirus fixo imposible que estas reunións sexan presenciais, de modo que se están celebrando on- line. O grupo de ecodiseño reuniu a 22 persoas, coa ilusión de lanzar, entre outros proxectos, un concurso para seleccionar os mellores produtos e servizos de ecodiseño.
A partir de agora e durante os próximos meses, centos de expertos, académicos, empresas, administracións, organizacións ambientais e sociais compartirán nestes encontros os seus distintos enfoques para xerar novo coñecemento sobre as cuestións ambientais.
Neste momento da desescalada e de pensar como construír a recuperación, os temas ambientais están máis presentes que nunca.
@GaliciaSostible #Compromiso