A Oficina do Pacto dos Alcaldes en Europa pon a disposición das autoridades locais adheridas ao Pacto unha completa colección de informes, exemplos de boas prácticas e referencias de liñas de financiamento para soster a avaliación de riscos e vulnerabilidades, o enfoque das opcións de adaptación máis acaídas e o sostemento financeiro dos plans de adaptación, especialmente orientado aos territorios máis urbanizados da UE.
Esta ferramenta configúrase como un documento de referencia para o traballo da Oficina Técnica do Pacto dos Alcaldes, posta a disposición dos concellos galegos pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, para o exitoso desenvolvemento dos obxectivos do Pacto dos Alcaldes nesta comunidade autónoma.
Pódese acceder ao conxunto de recursos AQUÍ
@GaliciaSostible #Compromiso