A Xunta de Galicia destinará un total de 4,9 millóns de euros ás axudas dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018– 2021, cuxa convocatoria publicou onte o Diario Oficial de Galicia.
Tal e como se indica na Resolución, o programa conta con dúas liñas de axudas:
• Liña A, axuda ao fomento da mellora da eficacia enerxética e da sustentación en vivendas; a súa finalidade é financiar obras de mellora da eficiencia enerxética e da sustentación, con especial atención á envolvente edificatoria.
Esta liña está dotada cun total de 1.900.000 euros para as anualidades 2020 e 2021.
• Liña B, axuda ao fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas; a súa finalidade é financiar obras de conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade.
Esta liña está dotada cun total de 3.000.000 euros para as anualidades 2020 e 2021.
Relación desta axuda con Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía
Un dos sectores chave que Pacto dos Alcaldes identifica dentro do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible - PACES é o sector residencial. Moitos dos Concellos galegos adheridos ao Pacto están a apostar polo inventariado das emisións das vivendas, polo que esta axuda da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia é unha oportunidade para incidir neste ámbito do Pacto. En concreto, a liña A correspondente a "Axuda ao fomento da mellora da eficacia enerxética e da sustentación en vivendas".
Lembramos unha vez máis que a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pon a disposición de todos os concellos galegos o Observatorio de Fondos e Convocatorias da Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes.
Traballamos para facer Galicia máis verde, informando así mesmo a todos os concellos adheridos ao proxecto Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía sobre as axudas e subvencións para melloras da eficiencia enerxética ou fortalecer a súa capacidade de mitigación e adaptación ante ao Cambio Climático, que son convocadas por diferentes organismos públicos, para lograr un mellor grao de sustentabilidade e resiliencia.
Séguenos en @GaliciaSostible