A presentación da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 abrirá a participación galega na Semana Europea das Rexións e as Cidades que se celebrarán do 7 ao 10 de outubro próximos, coordinada polo Comité das Rexións e a Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea.
A Estratexia, promovida pola Xunta de Galicia, ten un obxectivo global: acadar a neutralidad climática para o ano 2050.
A consecución deste obxectivo basease na implementación de enerxías renovables, aproveitar a absorción de CO2 dos montes galegos e mellorar a eficiencia enerxética en tódolos sectores.
Ademáis da mitigación de emisións, a Estratexia Galega prevé outros tres ámbitos de actuación: a adaptación aos efectos do cambio climático, a sensibilización da cidadanía e a investigación e a innovación.
Así, o reforzo da monitorización dos efectos do cambio climático sobre o territorio galego e a mellora de mecanismos de resposta fronte os eventos climáticos extremos son parte fundamental das pautas de adaptación. Do mesmo modo, a transferencia de coñecemento e a mellora da concienciación e educación social e unha boa gobernanza preséntanse como eixes fundamentais para facer fronte a este reto global dende Galicia.
A Xunta de Galicia coordina xa a mayor iniciativa global contra o cambio climático: o Pacto dos Alcaldes.
A Xunta de Galicia a través da súa Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda coordina actualmente o movemento global máis extenso na loita contra o cambio climático, o Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía da Unión Europea que agrupa a perto de 10.000 entidades locais dos cinco continentes, e ao que xa se sumaron máis de 150 concellos galegos, prevendo que a totalidade das entidades locais de Galicia estean adheridas a este proxecto ao longo do ano 2020.
Os concellos adheridos ao Pacto asumiron un compromiso de reducción de emisións do 40% para o ano 2030, con respecto ao ano 2010: un modo responsable de asumir a súa achega ao freo do quecemento global.
Ao tempo comprometéronse a planificar unha serie de medidas que fan máis resiliente cada termo municipal fronte aos efectos do cambio climático, nomeadamente, o aumento de temperatura, de frecuencia episodios de seca ou chuvia torrencial, de risco de lume forestal ou a suba do nivel do mar.
Estes compromisos están na liña dos obxectivos marcados pola propia Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050, o que coloca a Galicia na vangarda das rexións europeas en políticas en materia de clima e enerxía.
Podes seguir as nosas novas en @GaliciaSostible