7ª Conferencia bianual sobre adaptación ao cambio climático (ECCA 2025)

xoves, 5 Xuño, 2025 - 00:00

Na localidade italiana de Rimini terá lugar, os días 16, 17 e 18 de xuño, a vindeira Conferencia Europea de Adaptación ao Cambio Climático, onde se compartirán coñecementos, experiencias innovadoras e boas prácticas das cidades europeas á hora de enfrontarse aos impactos do cambio climático

Esta conferencia servirá como unha plataforma para mostrar a investigación de vangarda e solución innovadoras, compartir coñecementos e mellores prácticas e fomentar a colaboración cara unha sociedade resiliente ao cambio climático. Reunirá investigadores, tomadores de decisión, profesionais e outras partes interesadas relevantes para intercambiar resultados de investigación, desenvolvementos e solucións políticas innovadoras e experiencias prácticas de implantación.

Os temas clave da conferencia estarán enfocados en:

  • Desafíos na implantación: Barreiras como limitacións financeiras, complexidade administrativa e brechas regulatorias.
  •  Planificación urbana resiliente: Estratexias para incorporar a adaptación ao calor nunha visión a longo prazo.
  • Harmonización de escalas: Vinculación de coñecementos locais cos marcos de adaptación da UE para impulsar a aliñación política e a aprendizaxe interurbana.

O programa da sesión incluirá:

  • Conferencias maxistrais con especialistas destacados.
  • Sesións temáticas sobre mitigación, adaptación e políticas climáticas.
  • Talleres interactivos para o intercambio de coñecementos.
  • Presentacións de investigadores e estudios de caso.
  • Eventos paralelos e oportunidades de networking.

Os participantes poderán obter ideas aplicables para mellorar a gobernanza climática, superar obstáculos comúns e promover solucións replicables nos seus contextos locais.

Consulte o programa completo da Conferencia Europea de Adaptación ao Cambio Climático 2025 para obter máis información.