Nova actualización da Calculadora de Cidades da UE: un cambio radical para os asinantes do Pacto con plans de acción

xoves, 22 Maio, 2025 - 00:00

Esta ferramenta está a axudar aos asinantes do Pacto para explorar o impacto de diferentes estratexias de descarbonización nas súas emisións locais baseándose nos datos e accións que xorden directamente dos seus Plans de Acción

A Calculadora de Cidades da UE é unha plataforma gratuíta que permite ás urbes avaliar o impacto de distintas estratexias de descarbonización nas súas emisións. Creada por Climact co respaldo de Energy Cities, Carbon Market Watch e o Instituto Postdam (PIK), foi financiada inicialmente polo proxecto EUCityCalc (Horizonte 2020).

Deseñada para apoiar aos gobernos locais na planificación climática, a ferramenta facilita a simulación de políticas ambientais e axustes nas súas metas. Así, as cidades poden proxectar o impacto das súas decisións a longo prazo, ofrecendo unha base sólida para alcanzar a neutralidade climática.

O proxecto SPARKLE (financiado polo Programa LIFE) amplía esta iniciativa cun programa formativo para profesionais, que inclúe cursos en liña, talleres presenciais e melloras na Calculadora. Colaboran nel as entidades ACR+, Fedarene, Rescoop, Urban Lab Torino, UVIC e as cidades de Calezano, Vilnius, Poreč, Albertville e Guimarães, co obxectivo de impulsar a acción climática en Europa.

Antes, as cidades debían introducir datos manualmente, un proceso complexo. Agora, SPARKLE permite a conexión automática cos PACES (Plans de Acción para a Enerxía Sostible e o Clima) do Pacto dos Alcaldes. Isto axiliza a importación de información e ofrece vantaxes como:

  • Evitar duplicar esforzos en recopilación de datos.
  • Acceso rápido a modelos avanzados para a toma de decisións.
  • Maior coherencia entre informes (SECAP) e planificación.

Para presentar esta mellora, celebrarase un webinar o 17 de xuño de 2025 ás 14:00 CEST, aberto a todas as cidades interesadas.