Cidades libres de combustibles fósiles: combinación de coñecementos e financiación pública e privada para implantar os PACES

xoves, 9 Xaneiro, 2025 - 00:00

Coñeza e inspírese coas cidades que estableceron o seu alumeado público, vivenda e calefacción e refrixeración urbanas nunha traxectoria climaticamente neutra gracias a súa cooperación con inversores privados, empresas e institucións financeiras

Sen a experiencia e a financiación privadas, sen a participación dos cidadáns e sen un forte apoio das institucións nacionais e da Unión Europea, a aplicación dos plans de acción para o clima e a enerxía sostible (PACES) convértese nunha tarefa moi complexa. Ante este desafío, moitas cidades están poñendo en marcha asociacións de colaboración co sector privado para e con persoas motivadas e dispostas a impulsar o cambio nos seus territorios.

O vindeiro 21 de xaneiro de 2025 terá lugar en Bruselas, Bélxica, o evento “Cidades libres de combustibles fósiles: Combinación de coñecementos e financiación públicos e privados para implantar os PACES”, organizado polo proxecto Smart EPC (Horizonte 2020), Pacto das alcaldías – Europa e Smart Cities Marketplace.

Este evento será moi interesante para descubrir como as cidades están reducindo a súa dependencia dos combustibles fósiles no ámbito do alumeado público, a vivenda e a calefacción e refrixeración urbanas gracias a asociacións e proxectos innovadores.

Ademais, os participantes poderán beneficiarse de formacións breves e prácticas, estudos de caso, metodoloxías e diversas ferramentas prácticas, así como tamén desfrutar das sesións prácticas de networking e explorar a variedade de enfoques para un mesmo desafío.

Para coñecer máis sobre o evento e o programa pode consultar o seguinte enlace.