A nova regulación do mercado eléctrico europeo que busca protexer aos consumidores

venres, 21 Xuño, 2024 - 00:00

A nova regulación buscar diminuir os efectos da pobreza enerxética, reducindo a volatilidade dos prezos e mellorar a seguridade enerxética da Unión

Os principais obxectivos da nova regulación do mercado eléctrico europeo son facer que os prezos da electricidade sexan menos dependentes da volatilidade dos prezos dos combustibles fósiles mais garantir a seguridade e a independencia enerxética dos países da Unión Europea.

Búscase paliar a pobreza enerxética protexendo aos consumidores de aumentos bruscos de prezos, ofrecendo tarifas máis estables, acelerando a implantación de enerxías renovables e mellorando a protección dos consumidores. Pola outra banda, establecéronse os criterios que permiten ao Concello declarar crise enerxética; prezo medio por xunto e polo miúdo.

Grazas a este acordo, será posible estabilizar os mercados a longo prazo, acelerar a implantación de fontes de enerxía renovables e do autoconsumo, para ofrecer enerxía eléctrica máis asequible aos cidadáns e empresas da UE para mellorar a nosa competitividade.

O Consello e o Parlamento acordaron ofrecer aos Estados membros a posibilidade de apoiar exclusivamente a compra de nova xeración renovable, se as condicións o permiten e de acordo cos plans de descarbonización dos Estados membros.