A Iniciativa Urbana Europea publicou a súa Segunda Convocatoria de Accións Innovadoras cun presuposto de 120 millóns de euros

venres, 2 Xuño, 2023 - 00:00

EUI lanzou oficialmente o seu seguda convocatoria de accións innovadoras cun orzamento de 120 millóns de euros do FEDER para apoiar ás cidades en tres áreas temáticas: "cidades ecolóxicas", "turismo sostible" e "aproveitar o talento en cidades en contracción"

Para empezar, no marco de "Cidades ecolóxicas", financiaranse cidades para que poidan experimentar e ofrecer solucións innovadoras tanxibles sobre infraestrutura verde e abordar mellor os desafíos da biodiversidade, a contaminación, os recursos e o clima; contribuíndo así á transición ecolóxica e xusta.

Seguindo con  o "Turismo sostible", búscase apoiar a transformación verde e dixital a longo prazo e a resiliencia do ecosistema turístico. Para esta temática, o obxectivo principal da EUI é mellorar as condicións tanto para os residentes como para os visitantes da cidade.

Por último, para "Aproveitar o talento nas cidades en contracción", en particular nas rexións identificadas pola Comisión Europea na Comunicación "Aproveitar o talento nas rexións de Europa", a EUI pretende reter e atraer talento. 

A convocatoria está aberta ata o 5 de outubro de 2023 ás 14:00h. Na seguinte ligazón pódese acceder a unha guía para orientarse á hora de preparar a súa solicitude.