Sesión informativa sobre a convocatoria do programa LIFE para proxectos de transición a enerxías limpas

luns, 22 Maio, 2023 - 00:00

A Axencia Executiva Europea de Clima, Infraestruturas e Medio Ambiente (CINEA) organiza unha sesión de información virtual dedicada ás especificidades das convocatorias para a transición a enerxías limpas

O programa LIFE, creado no ano 1992, é o instrumento de financiamento da UE par ao medio ambiente e a acción climática que cofinanciou a miles de proxectos. Este está xestionado pola Axencia Executiva Europea de Clima, Infraestruturas e Medio Ambiente, ten un presuposto de 5.400 millóns de euros e divídese en catro subprogramas:

  • Natureza e biodiversidade
  • Economía circular e calidade de vida
  • Mitigación e adaptación ao cambio climático
  • Transición de enerxía limpa 

Os días 25 e 26 de abril, CINEA organizou os EU LIFE Info Days virtuais para guiar aos posibles solicitantes a través das convocatorias de solicitudes de LIFE 2023. Con posterioridade, está organizando unha sesión de información virtual dedicada ás especificidades das convocatorias para a transición de enerxía limpa o 1 de xuño de 09:30h a 16:00h. O evento constará de 9 sesións (1 sesión plenaria e 8 sesións paralelas) que tratarán sobre:

  • Sesión plenaria:Transición de enerxía limpa.
  • Sesión paralela 1: Apoio técnico aos plans e estratexias de transición cara a enerxía limpa nos municipios e rexións - Aliviar a pobreza e a vulnerabilidade enerxética dos fogares en Europa.
  • Sesión paralela 2: Eficiencia enerxética dos edificios: fai que a renovación sexa máis rápida, máis profunda, máis intelixente, baseada en servizos e datos - Habilidades para un parque de edificios descarbonizado e a integración do sistema de enerxía.
  • Sesión paralela 3: Apoio á transición enerxética limpa das empresas europeas.
  • Sesión paralela 4: Cara unha implementación efectiva da lexislación chave no campo da enerxía sostible (POLICY) - Maximización do uso e valorización dos datos EPREL a través de aplicacións innovadoras (EPREL)
  • Sesión paralela 5: Servizos integrados para a transición de enerxía limpa en edificios e negocios (OSS) - Asistencia para o desenvolvemento de proxectos para inversións en enerxía sostible (PDA)
  • Sesión paralela 6: Fondo para as Comunidades Europeas da Enerxía (ENERCOMFACILITY)
  • Sesión paralela 7: Calefacción e refrixeración urbanas: Permitir a modernización e o cambio de combustible a través do apoio a plans de inversión e desenvolvemento de habilidades (DHC) - Impulsar o despegue de bombas de calor a través de modelos alternativos e instaladores calificados (HEATPUMPS)
  • Sesión paralela 8: O amontoamento nas finanzas privadas (PRIVAFIN) 

Para asistir ao evento, é preciso rexistrarse no seguinte enlace.