O programa Policy Support Facility (PSF) axuda a adaptar os lugares máis vulnerables de Europa fronte ao cambio climático a nivel local
O programa Policy Support Facility ten como obxectivo apoiar ás autoridades locais para que poidan levar dunha mellor maneira os impactos do cambio climático, con medidas de adaptación efectivas. O que se pretende con este programa é impulsar o coñecemento do persoal sobre solucións baseadas na natureza, e para iso é necesaria unha formación técnica e a experiencia para implementar este tipo de solucións dunha maneira efectiva, por exemplo, fronte a inundacións ou secas.
O investimento requirido é significativo, é por iso polo que o financiamento ten que ser adecuada para superar este tipo de barreiras económicas. Ademais, cómpre que toda a comunidade este involucrada e que a aplicación de medidas se realice dun xeito coherente e eficiente para que desta maneira non se perda eficacia.
O programa desenvólvese en doce países europeos: Hungría, Polonia, Rumania, Eslovaquia, República Checa, Bulgaria, España, Portugal, Italia, Grecia, Eslovenia e Croacia, centrándose na creación de capacidade a nivel local para implementar medidas de adaptación. Comparte aprendizaxes e coñecementos a través de seminarios web e podcasts, facilitando o intercambio de coñecementos entre pares a través de obradoiros e intercambios de cidade.
Como resultado, un total de máis de 200 municipios e 800 participantes resultou en 37 medidas de adaptación executadas, desde aquelas baseadas na natureza ata outras centradas no contorno construído.