Como seguimento da Conferencia anual do Pacto dos Alcaldes 2023, organízase un seminario web para discutir como as cidades poden aproveitar o sprint de aforro de enerxía e transformar estas medidas a curto prazo en medidas a longo prazo de suficiencia e eficiencia
Para axudar ás cidades para anticipar unha posible escaseza de enerxía durante o inverno de 2022-23 debido ao contexto internacional e para enfrontar o aumento dos prezos da enerxía, o Pacto dos Alcaldes lanzou a campaña Sprint de Aforro de Enerxía das Cidades. A campaña tivo moito éxito e levaron a cabo unha gran diversidade de actividades innovadoras, especialmente nos sectores de calefacción, iluminación e mobilidade, pero tamén difundindo consellos de aforro enerxético aos cidadáns.
Despois do inverno de 2023, é hora de facer un balance do que se logrou coas mellores prácticas das cidades e ver como se pode soster aínda máis a dinámica cara á suficiencia enerxética. O intercambio de boas e innovadoras prácticas está empoderando ás cidades para que participen máis no cumprimento do Pacto Verde Europeo.
En consecuencia disto, o fío condutor deste seminario web é tratar de descubrir como podemos permanecer no camiño das medidas de suficiencia enerxética estrutural máis aló do inverno de 2023.
Como tema central do seminario web, trataranse os seguintes pasos para mellorar a suficiencia e a eficiencia enerxética. En particular, se tratarña de ver como as cidades poden promover a mobilidade branda e o turismo sostible e como poden fomentar a produción local de enerxía verde.
O evento terá lugar o 26 de maio de 2023 ás 11:00h. Para participar, deberá rexistrarse no seguiente enlace.