Durante a sesión, os expertos involucrados no proxecto WELLBASED comparirán os achados principais da súa investigación en cidades que desexan abordar a pobreza enerxética e a sáude
Durante o pasado inverno, a crise enerxética empuxou a un gran número de persoas á pobreza enerxética. Por iso, considérase necesario comprender as dificultades deses fogares e atender, de maneira sostible, as súas necesidades en todos os ámbitos da súa vida cotiá. Precísase empoderamento estructural mellorando non so os fogares, senón tamén a saúde das persoas vulnerables. As cidades de toda Europa deben inventar un programa urbano completamente novo que se centre nesta unión entre a pobreza enerxética e a saúde.
A realización do evento aportará información sobre a vida cotiá das persoas durante o inverno pasado e as consecuencias para a saúde. Construír tal comprensión das experiencias de pobreza enerxética é un paso crucial cara unha mellor formulación de políticas e esquemas de apoio local efectivos.
As sesións que se levarán a cabo durante o evento serán as seguintes:
- Flashback sobre o inverno para fogares en situacións vulnerables: panorama xeral, respostas nacionais
- Pobreza enerxética e problemas de saúde subxacentes: coñecementos iniciais da investigación de inverno en 2022/2023
- Enfoque nos desafíos e estratexias de afrontamento en cidades comprometidas de toda Europa
- Incorporación da saúde nas políticas enerxéticas urbanas
- Reacción final da Comisión Europea por parte de Veronika Jirickova, Directora Xeral de Enerxía
O evento realizarase en liña vía Zoom, o día 10 de maio de 2023 ás 10:00h, e terá unha duración de 1h e media. Para rexistrarse ao evento pode acceder ao seguinte enlace.