ManagEnergy organiza clases maxistrais para equipar ás axencias de enerxía e as autoridades rexionais e locais de toda Europa para fomentar e desenvolver proxectos de enerxía sostible
Estas clases impartiranse nun formato de aprendizaxe semipresencial. Unha sesión presencial dun día e medio en Bruselas (16 e 17 de maio) compleméntase con dúas sesións en liña de medio día (4 e 30 de maio). O formato das clases inclúe exercicios de resolución de problemas, obradoiros, estudos de caso e conferencias invitadas de axencias e organizacións relevantes para as inversións en enerxía.
O tema da primeira clase é a Facilitación do Mercado e Agregación de Proxectos. O obxectivo deste módulo é desenvolver as habilidades e competencias básicas das axencias de enerxía para facilitar e apoiar a financiación de proxectos de enerxía sostible a gran escala. O programa proporcionará unha descrición xeral dos servizos e apoios de facilitación do mercado que as axencias de enerxía poden proporcionar para permitir que os proxectos progresen dende o concepto ata a mplementación (activando aos actores do mercado, identificando aqueles proxectos cantidatos, establecendo contactos coa comunidade financieira). Ademais, presentaranse ferramentas e solucións de financiación e proporcionaranse estudos de casos de apicacións exitosas de modelos de financiación en rexións de toda Europa. O módulo basearase en experiencias e coñecementos dunha variedade de iniciativas e proxectos da UE relevantes e exitosos.
Esta Master Class será impartida por expertos da Universidad Tecnolóxica de Shannon (TUS), Tipperary Energy Agency e OÖ Energiesparverband (ESV), co apoio de oradores invitados.
O prazo de presentación de solicitudes para a 1ª Clase Maxistral estará aberto ata o 14 de abril de 2023. Para poder asistir será preciso rexistrarse previamente no seguinte enlace web.