A ferramenta "EuCityCalc". Para que serve?

luns, 6 Marzo, 2023 - 00:00

A función desta ferramenta será de gran axuda para decidir o futuro climático das cidades

A "Eu City Calculator" ten como propósito axudar aos gobernos locais na súa toma de decisións en canto a estratexia climática. Aínda que a priori poida parecer un tema difícil á hora de concluír as medidas que se van implementar, grazas a esta nova aplicación os órganos de goberno contarán cun novo aliado.

A interface que utiliza está deseñada dun modo que resulte fácil e instintiva para que as administracións municipais ou outras partes implicadas na xestión de estratexias climáticas poidan prever dunha maneira sinxela que efecto terían os seus proxectos.  Está pensada de maneira que poida ser utilizada tanto por persoal experto, como por un público con menos preparación.  Por exemplo, poderíase saber dun xeito sinxelo cántas emisións de GEI pódense aforrar no sector da construción a través de melloras na modernización de enerxía actual fronte á expansión da enerxía renovable.

Desde logo, estamos ante un importante avance no sector da sostibilidade das cidades de cara a conseguir os obxectivos marcados polas políticas climáticas como a axenda 2030. Desta maneira poderase conseguir aplicar medidas de forma máis precisa tendo unha idea bastante aproximada dos efectos que se causarán no futuro.