Comeza a Semana Europea da Enerxía Sostible (EUSEW)

luns, 26 Setembro, 2022 - 00:00

O maior evento anual dedicado ás enerxías renovables e o uso eficiente da enerxía en Europa. Comprende unha serie de actividades destinadas a construír un futuro enerxético seguro para Europa.

Este ano, EUSEW toma un formato híbrido, sobre o tema "Facerse verde e dixital para a transición enerxética de Europa". Celebrarase no edificio Charlemagne (Comisión Europea), e poderase acceder en liña a través da plataforma oficial do evento.

Realizaranse diferentes actividades, entre as que destacan:

•             Seguir a Cerimonia dos Premios Europeos de Enerxía Sostible

•             Unirse ao terceiro Día Europeo da Enerxía para a Mocidade (EYED)

•             Traballar en rede con outras partes interesadas en enerxía limpa

•             Visita as casetas da Feira da Enerxía Híbrida con proxectos innovadores en enerxía sostible

•             Asistir a Energy Talks sobre novas ideas en enerxía limpa.

A Conferencia de Políticas ofrece discursos e sesións para cada un dos seguintes bloques temáticos:

•             Plan REPowerEU

•             Dixitalización

•             Eficiencia enerxética

•             Renovables

•             Consumidores e Transición Enerxética Xusta

•             Descarbonización

Para máis información ou acceder ao evento de maneira virtual aquí.