O Foro Europeo de Resiliencia Urbana (EURESFO), actua desde hai case dez anos, como plataforma para o intercambio de ideas, a través da cal os representantes das cidades e as partes interesadas de diferentes institucións locais e rexionais reúnense para discutir estratexias e accións para adaptarse ao cambio climático e desenvolver a resiliencia urbana.
Este foro é unha iniciativa de carácter europeo que foi impulsada polo ICLEI. Gobernos Locais para a Sustentabilidade e a Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) desde o ano 2013.
Esta ano o foro celebra a súa 9ª edición, os días 14 e 15 de setembro, na cidade grega de Atenas. O formato do foro será informativo, aberto e interactivo, con diversos temas que abordarán os desafíos existentes na adaptación urbana local e as posibles solucións ou oportunidades para unha colaboración futura.
Os temas que se destacarán este ano son:
- Resiliencia costeira
- Afronta das ondas de calor e os incendios forestais
- Redución do risco de desastres para obter comunidades máis seguras e saudables
- Vías rexionais cara á transformación da resiliencia
- Solucións baseadas na natureza para un desenvolvemento equitativo
Este evento conta co apoio de importantes institucións do ámbito da sustentabilidade, como do Pacto dos Alcaldes ou The Committee of the Regions.
Máis información e rexistro: https://urbanresilienceforum.eu/news-and-information/about/