A próxima edición do cume internacional ChangeNOW terá lugar en París do 19 ao 21 de maio de 2022, presencialmente.
ChangeNOW é un gran evento de solucións para o planeta, unha iniciativa independente creada por mor da COP 21 e o "Acordo de París" para impulsar solucións innovadoras para o Planeta e fomentar a colaboración entre múltiples partes interesadas. Cada edición de ChangeNOW reúne 1.000 solucións para o planeta, 400 relatores e máis de 30.000 participantes procedentes de 120 países.
Aborda temas como a mitigación e adaptación ao cambio climático, a economía circular, a biodiversidade, a mobilidade e as cidades resilientes con accións concretas. Neste sentido, durante o últimos catro anos desenvolveuse un Programa de Cidades Sostibles para alcaldes e tenentes de alcalde coa axuda do Pacto dos Alcaldes de Europa, a UNESCO, R20 e o FMDV, entre outros.
Os membros do Pacto dos Alcaldes están convidados a participar no programa de Cidades Sostibles o venres 20 de maio de 2022, que é unha gran oportunidade para
- Conectarse cos mellores empresarios e compañías: organizaranse talleres e reunións bilaterais específicas
- Identificar solucións concretas que respondan as necesidades e intereses específicos dos alcaldes: valorización de biorresiduos, entrega de última milla, economía circular, mobilidade verde, illas de calor urbanas...
- Compartir as mellores prácticas e aprender doutras cidades
O programa é gratuíto para os representantes das cidades e inclúe o acceso completo de 3 días ao Cume ChangeNOW 19-20-21 de maio de 2022. O número de prazas está limitado a 30 cidades.
Pode descargar o programa preliminar aquí.
Se queres participar no programa de cidades escribe a events@eumayors.eu